top of page
Bea Árbol Tras de Maruxiña.jpeg
Bea Árbol Tras de Maruxiña.jpeg

Tras de Maruxiña

O meu nome é Beatriz, xunto con meus gatos Sol e Sombri formamos o equipo Maruxiña Voavoa. Encántanos a natureza, crear, as cores vivas, os cafés compartidos, as latitas de paté húmido, dormir a siesta no sofá, viaxar, o mar, Galiza e o mundo e a súa xente en xeral. Sempre temos a cabeciña chea de ideas e somos de soñar cos ollos abertos…

E aquí estamos, soñando que pasión e traballo poden ser a mesma cousa, que se pode traballar en algo que te gusta e te fai feliz, que se desexas moito unha cousa e vas a por ela podes conseguila. Aquí estamos, porque pasiño a pasiño faise o camiño.

bottom of page